Urbano Lugrís era un poeta pintor. E » o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a agua», en palabras de Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata once textos «sumerxidos» de Lugrís. Prosas e poemas -en castelán e galego- moi pouco coñecidos ata hoxe (incluso, algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico. Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sin ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparcido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas… A profesora de Teoría da Literatura da Universidade de A Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, é a encargada do coidado da edición.
ISBN: 9788416460243 | 978-84-16460-24-3